Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Produción publicitaria na web e multimedia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Desenvolvemento conceptual e prototipado dun proxecto interactivo

Elaboración do Social Media Plan para o produto sinalado

Elaboración dunha campaña baseada en tráfico orgánico

Elaboración dunha campaña baseada en tráfico pagado


Elaboración e execución dun calendarización de contidos para as redes sociais empregadas no social media plan e outros produtos transmedia derivados

Elaboracion dunha campaña de e-mail marketing
80 A5
C9
C11
D3
D4
Exame de preguntas obxectivas O exame terá lugar nas datas oficiais aprobadas polo centro. En situacións excepcionsais poderá substituírse o exame final da materia presencial por unha prova equivalente a través de faitic de xeito remoto, respectado a data e hora oficial aprobada en Xunta de Facultade 20 C9
C11
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os traballos deben entregarse en tempo e forma sinalados ao longo da materia. Non cumprir coas datas de entrega e formatos será penalizado na nota, se a falta é leve, ou mesmo poderán ser avaliados coa nota mínima en caso de flagrante incumprimento.

O profesor resérvase o dereito para ponderar a avaliación individual de cada entrega grupal en función do traballo desempeñado de maneira colaborativa.

O alumno debe aprobar a parte teórica e a parte práctica para superar a materia, cun mínimo do 50% da puntuación correspondente a cada unha das partes.

En situacións excepcionsais poderá substituírse o exame final da materia presencial por unha prova equivalente a través de faitic de xeito remoto, respectado a data e hora oficial aprobada en Xunta de Facultade

Aquelas persoas que se presenten en primeira convocatoria sen formar parte dun grupo de traballo non poderán superar a materia. Tan so na segunda convocatoria se contempla a posibilidade de entregar toda a parta práctica para a súa avaliación de xeito individual, e sempre despois de ter contactado co docente

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000