Guia docente 2020_21
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Dirección de comunicación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Os obradoiros terán un valor máximo conxunto de 2 puntos e avaliaranse en función das entregas realizadas polo alumnado a través da plataforma FAITIC e a súa participación no obradoiro. 20 A2
D4
D5
D6
Traballo tutelado O plan de comunicación interna terá un valor máximo de 2 puntos.
O plan de comunicación externa terá un valor máximo de 3 puntos. Para a avaliación computarase a participación nas sesións dedicadas aos citados traballos, as entregas parciais, a entrega final e a exposición.
50 A2
C12
C14
D3
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Trátase dunha proba para avaliación das competencias adquiridas, que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellar elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
Valorarase o nivel de comprensión dos conceptos esenciais das materia e o grao de profundidade dos coñecementos do alumno.
30 C1
C4
C14
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CUALIFICACIÓN FINAL E REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:

Para superar a materia será necesario cumprir dous requisitos:

- Obter no exame de preguntas obxectivas unha puntuación mínima de 1 punto.

- Sumar entre tódolos elementos de avaliación unha puntuación mínima de 5.


Como norma xeral, entenderase que tódolos alumnos da materia son alumnos presenciais e, polo tanto, deberán asistir ás sesións prácticas. No caso de que algún estudante, por razóns excepcionais e xustificadas, non puidese asistir con asiduidade ás sesións prácticas da materia deberá contactar coa docente coordinadora durante as dúas primeiras semanas de curso para expoñer o seu caso; a docente valorará as circunstancias aportadas polo estudante e decidirá se pode cursar a materia de xeito non presencial, non penalizando neste caso a súa falta de participación nas sesións. Esta condición de estudante non asistente non exime, en ningún caso, do cumprimento dos prazos de entrega de cada unha das tarefas realizadas nos obradoiros e dos traballos.

Entenderase que todos aqueles alumnos que non contacten coa docente nas dúas primeiras semanas de curso para valorar esta excepcionalidade, rexeranse polos criterios de avaliación aplicables aos alumnos asistentes, nos que se contempla a participación nas sesións como parte da avaliación. 

RECUPERACIÓN DA MATERIA (2ª EDICIÓN) 

Os alumnos que non se presenten ao exame da primeira edición ou
non superen a materia, terán a opción de facelo na edición de recuperación
(xullo). As porcentaxes establecidas para a avaliación da materia serán as
mesmas que as da primeira edición. Polo tanto, o alumno que desexe optar a
superar a materia na edición de xullo, ademais de presentarse ás probas, deberá
contactar cos profesores para saber qué traballos deberá desenvolver en
correspondencia cos traballos tutelados e cos obradoiros.



Se o alumno non supera a materia  na segunda edición deberá
cursala novamente, adaptándose á guía docente que estea vixente no curso en
cuestión, e, polo tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no
presente curso.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000