Guia docente 2020_21
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Técnicas de relacións públicas
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Continuaríase co horario de docencia das clases presenciais por medio da plataforma do campus remoto. O alumnado disporá de todo o material que se emprega nas sesións teóricas en formato pdf e video a medida que estas se van realizando. A maiores o alumnado vai dispor dun documento en formato de apuntamentos que recollen o exposto nas clases virtuais para poder completar as súas notas e así facilitar o correcto seguimento da materia. En FaiTIC mantense aberto un foro de titorías, pero o estudantado tamén pode solicitar titorías personalizadas, tanto no horario previsto como fora del previa cita e no despacho virtual.

As sesións prácticas serán síncronas, mantendo o horario habitual das clases presenciais ao través do campus remoto. As prácticas serán as previstas con entrega parcial e definitiva dos traballos. As clases seguirán sendo espazos de aclaracións, explicacións, debate e momento de facilitar e orientar ao alumnado nos seus traballos.

A valoración da parte teórica baséase na modalidade de exame final non presencial. Será un exame final escrito sen control automático de identidade baixo a modalidade de exame enviado por correo electrónico nun momento previamente coñecido, con diferenzas entre o que recibe cada estudante e con tempo limitado. O alumnado poderá usar os apuntamentos e toda a documentación facilitada na plataforma FaiTIC na que se habilitará un espazo para subir os exames individuais no prazo fixado. O devandito exame tamén se poderá enviar por correo electrónico ao docente responsable da parte teórica da materia. Poderá ser escrito en formato .doc ou equivalente de texto ou ben a man escaneado co móbil.

O peso da teoría e práctica mantense nas porcentaxes previstas na ficha da materia, é dicir, 40% e 60% respectivamente.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000