Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Deontoloxía da comunicación
   Plan de Continxencias
 
Descrición
MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS
Metodoloxías docentes que se manteñen
Seminario
Prácticas de laboratorio

Metodoloxías docentes que se modifican

Lección maxistral (pode facerse de forma virtual a través de Faitic)

Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (tutorías)
A través do despacho virtual coa profesora, na sala virtual

Modificacións (si proceden) dos contidos a impartir
non

Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
non

Outras modificacións
En caso de non poder facer os seminarios e prácticas de laboratorio de forma presencial en aula, abordaranse as mesmas de forma virtual, mediante probas expostas vía faitic de resolución individual e grupal no tempo da clase.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000