Guia docente 2020_21
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Teoría e práctica da comunicación televisiva
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC As sesións maxistrais baséanse no traballo semanal realizado de forma autónoma polo alumnado. A realización destas tarefas a través de plataformas dixitais será valorada polo docente. 10 A5
C11
Lección maxistral As sesións maxistrais baséanse no traballo semanal realizado de forma autónoma polo alumnado. A asistencia e participación nas clases presenciais será avaliada en función da realización das actividades previas propostas polo docente. 10 A5
B1
B2
C1
C3
C5
Traballo tutelado Produción dunha peza audiovisual breve de temática a propor polo docente (traballo individual). 10 B1
C5
C13
Aprendizaxe-servizo Desenvolvemento, gravación e edición dos contidos audiovisuais requeridos dentro do marco da Aprendizaxe-servizo e presentación de portfolio (traballo en grupo). 30 C5
C11
C13
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de probas en formato test ao longo do curso 40 B1
B2
C1
C3
C5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

MODALIDADE DE AVALIACIÓN FORMATIVA: O alumnado deberá aprobar cada un dos traballos e proxectos para superar a asignatura. Os traballos e proxectos propostos son obrigatorios. O alumnado deberá obter unha media de 5 puntos sobre 10 no conxunto das probas en formato test que se realicen ao longo do curso para superar a materia; en caso de que non o consiga contará cunha última oportunidade de subir a media nun exame final que terá lugar nas datas acordadas polo centro. Aqueles alumnos que falten a máis de dúas sesións de prácticas e/ou seminarios deberán superar, de xeito adicional, un exame práctico que garanta a adquisición das competencias da materia sobre as que se traballa nestas sesións e que se reforzan nos traballos tutelados e proxectos.

MODALIDADE DE AVALIACIÓN FINAL: O alumnado deberá aprobar cada un dos traballos e proxectos para superar
a asignatura. Os traballos e proxectos propostos son obrigatorios. O
alumnado deberá superar un exame final que terá lugar nas datas acordadas polo centro e que representará o 40% da nota. Aqueles
alumnos que falten a máis de dúas sesións de prácticas e/ou seminarios
deberán superar, de xeito adicional, un exame práctico que garanta a
adquisición das competencias da materia sobre as que se traballa nestas
sesións e que se reforzan nos traballos tutelados e proxectos.

Aquelas persoas que, por circunstancias diversas, opten pola avaliación final deberán comunicalo ao docente nas dúas primeiras semanas do curso. En caso de non facelo enténdese que optan pola avaliación continua. Non se admite ningún cambio de modalidade unha vez pasado ese prazo.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000