Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Teoría e práctica da comunicación televisiva
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen a través de Campus Remoto, FAITIC e Microsoft Teams
-Lección maxistral
-Seminarios
-Traballo tutelado
-Aprendizaxe-servizo
-Prácticas a través das TIC

* Metodoloxías docentes que se modifican
-Prácticas de laboratorio: en función das condicións materiais e sanitarias nas que se deba desenvolver esta actividade as prácticas de laboratorio serán reemplazadas por prácticas tuteladas a través de ferramentas dixitais e traballo autónomo por parte do alumnado.
-O formato no que se desenvolverá a metodoloxía de "resolución de probas e exercicios" poderá variar entre o impreso e o online en función das circunstancias sanitarias

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías atenderanse previa reserva de cita a través do Campus Remoto



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000