Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Creatividade publicitaria
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Metodoloxías docentes que se manteñen
Clase maxistral, de non poder desenvolverse presencialmente farase de maneira virtual

Metodoloxías docentes que se modifican

Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (tutorías)

As tutorías poderán desenvolverse de maneira virtual a través das salas de profesorado virtuais


* Modificacións (si proceden) dos contidos a impartir

* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
De ser necesario adaptar o sistema de avaliación (50% teoría e 50% práctica) en que a parte teórica desenvólvese a través dun exame teórico, este pode ser sustituído por un exame oral ou por un traballo de carácter teórico por cada un
dous temas impartidos. A decisión de optar por unha fórmula ou outra dependerá do docente en función da evolución da materia impartida e as circunstancias excepcionais que poidan derivarse do contexto actual.

O sistema de avaliación práctico creemos poderá manterse, xa que os alumnos poden traballar en equipo independentemente de que estean ou non presencialmente no centro.

* Novas probas

* Información adicional
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000