=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen.
Mantéñense as mesmas metodoloxías xa que son adaptables á docencia non presencial. Realizarase un uso máis intensivo da plataforma Moodle para guiar ó alumno no aprendizaxe. Ofreceranse máis recursos didácticos e unha temporalización clara da posta a disposición dos materiais docentes e das tarefas que deberá realizar.
* Metodoloxías docentes que se modifican.
Ningunha.
* Mecanismo no presencial de atención ó alumnado (titorías).
As titorías serán realizadas por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros de Faitic, ...) baixo a modalidade de
concertación previa.
* Modificacións (si proceden) dos contidos a impartir.
Non procede.
* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaje.
Non.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
A avaliación en base a Resolución de problemas na aula (5%) suprímese e propónse o aumento do peso da Resolución de problemas de traballo autónomo a un 10%.
A avaliación mediante exame manténse pero habilitaránse dous probas (35% cada unha). |