Guia docente 2020_21
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Administración pública e análise estatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliarase a asistencia e participación nas clases prácticas da parte de Análise Estatística (10%) e da parte de Administración Pública (5%), así como a resolución de forma presencial dos exercicios propostos nas referidas clases. 15 A3
B1
C14
Traballo tutelado Avaliarase a resolución das tarefas que deberá desenvolver o/a alumno/a na parte de Análise Estatística (5%) e na parte de Administración Pública (10%), como complemento ás clases prácticas. 15 B3
C2
C14
Exame de preguntas obxectivas Avaliaranse as competencias adquiridas polo/a alumno/a na parte de Análise Estatística (35%) e na parte de Administración Pública (35%), mediante a resolución das cuestións que se propoñan no exame de cada parte e que terán lugar nas datas oficiais. 70 A3
B1
B3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nos exames desta materia non se permitirá o uso de auriculares, nin de dispositivos con capacidade de comunicación co exterior. Tampouco se poderán utilizar calculadoras programables, nin calculadoras con capacidade gráfica.

A)
Convocatoria de Xaneiro de 2021:

Esta materia divídese en dous partes:

- A primeira parte comprende os temas 1-5 (Análise Estatística) e impartirase dende o inicio do primeiro cuadrimestre ata o 31 de outubro de 2020 (incluído).

- A segunda parte comprende os temas 6-9 (Administración Pública) e impartirase dende o 1 de novembro de 2020 (incluído) ata o final do primeiro cuadrimestre.

Para aprobar esta materia na convocatoria de Xaneiro de 2021, terán que superarse de xeito independente cada unha das partes, segundo o baremo
establecido para as cualificacións. Se se superan ambas as partes, a nota
final será a media das dúas. Se non se supera algunha das partes, a nota final será o mínimo das notas obtidas en cada parte.

B) Para a convocatoria de Xuño-Xullo de 2021 e sucesivas se utilizarán os mesmos criterios que para a convocatoria de Xaneiro de 2021.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000