Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Socioloxía: Estrutura social, consumo e estilos de vida
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Nas convocatorias oficiais de exame realizarase un exercicio de redacción no que haberá que responder a unha serie de cuestións relacionadas co análise dun texto ou material sobre o consumo e a publicidade. 50 A3
B2
B3
C1
C2
D1
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de exercicios de avaliación continua sobre as lecturas ou materiais audiovisuais introducidos nas clases de teoría e seminarios. 40 A3
B2
B3
C1
C2
D1
Traballo Realización en grupo dun traballo que describa, analice, e reflexione sobre as formas de publicitar un produto ou servizo. 10 A3
B2
B3
C1
C2
D1
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É preciso acadar un mínimo dun 4 na proba das convocatorias oficiais da materia para poder facer a suma do resto das cualificacións obtidas.

No caso de non facer seguemento da avaliación contínua e realizar o exame da convocatoria oficial, a cualificación máxima que se poderá acadar na materia é a de aprobado (entre 5 e 6,9 sobre 10).

En consideración do alumnado coa materia pendente pero
que ten un coñecemento previo dos contidos, contemplase a posibilidade da
realización dun cartafol de recensións cuxa calidade pode supor ate 5 puntos. Desta
maneira a cualificación do exame da convocatoria oficial ao que é preceptivo
presentarse, sería ponderada por 0,5 e sumaríaselle a nota acada no cartafol. O
alumnado interesado en acollerse a esta modalidade de avaliación terá que
comunicarllo persoalmente ao docente quen indicará os textos sobre os que
realizar o cartafol.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000