Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Socioloxía: Estrutura social, consumo e estilos de vida
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dunha maneira mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes
As metodoloxías docentes poderán verse afectadas polo medio de comunicación (docencia presencial ou telemática), ou a temporalidade (síncrona ou asíncrona), pero manteñen os procedementos das leccións maxistrais e seminarios.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Emprego dos recursos habilitados pola Universidade de Vigo: plataforma de teledocencia da materia, aulas virtuais, e a sala docente virtual.

* Modificacións (si proceder) dos contidos a impartir
Non se contemplan modificacións.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non se contemplan


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

* Probas
Con independencia da incerteza que provoque a evolución pandémica, mantéñense os procedementos, criterios, e ponderación da avaliación, que poderán verse afectados polo medio de comunicación (docencia presencial ou telemática), ou a temporalidade (síncrona ou asíncrona). É dicir:

. exame na convocatoria oficial consistentes na realización dun exercicio de redacción no que haberá que responder a unha serie de cuestións relacionadas coa análise dun texto ou material sobre o consumo e a publicidade, terá un peso do 50 % na cualificación;

. realización de exercicios de avaliación continua sobre as lecturas ou materiais audiovisuais introducidos nas clases de teoría e seminarios, terá un peso do 40 % na cualificación;

. realización en grupo dun traballo que describa, analice, e reflexione sobre as maneiras de anunciar un produto ou servizo, terá un peso do 10 % na cualificación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000