Esta materia impártese en réxime PRESENCIAL polo que os alumnos deben asistir ás sesións teóricas e prácticas no horario establecido polo centro. Isto supón que o único sistema de avaliación é o contemplado nesta guía. O sistema de avaliación da materia apóiase en tres elementos: a) Superación da parte práctica, coa realización das actividades programadas. (4 puntos). b) Superación da parte teórica, mediante un exame escrito que se realizará na data sinalada polo centro. (6 puntos) c) A asistencia e participación do alumnado nas clases teóricas e prácticas. É requisito indispensable para sumar a parte práctica polo menos sacar un equivalente de 4 sobre 10 puntos no exame teórico ou no caso de estar este dividido en partes en cada unha das mesmas. CONVOCATORIA DE XULLO / EXTRAORDINARIA
1. A forma de avaliación na convocatoria de xullo e extraordinaria é a mesma que en maio. 2. Particularidades: a) Non existe posibilidade de mellorar a nota da parte práctica para a convocatoria de xullo, xa que se trata de actividades programadas ao longo do curso. b) Se a materia non é superada nesta convocatoria, o alumno deberá cursala novamente adaptándose á guía docente que estea vixente no curso académico en cuestión e, por tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso. |