Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Comunicación: Teoría e técnica da imaxe
   Plan de Continxencias
 
Descrición
MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS

Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS DOCENTES

- Os contidos e a bibliografía non sufrirán cambios.
- As sesións maxistrais pasarán a impartirse no campus virtual, independentemente de que poidan subirse ou non os apuntes a FAITIC.
- A supervisión dos traballos prácticos farase tamén no campus virtual, e estes traballos poderán adaptarse ao entorno doméstico e aos medios técnicos dispoñibles para o alumnado, tanto se foran feitos de xeito colaborativo como individual.
- O horario de tutorías manterase nos despachos virtuais de cada profesor.

ADAPTACIÓN DA EVALUACIÓN

- TRABALLOS PRÁCTICOS: sen modificación, 50% da nota.
- EXAMEN DE PREGUNTAS DE DESENVOLVEMENTO: no caso de non poder ser feito de xeito presencial, poderá ser sustituido pola elaboración por parte do alumno de traballo/s de investigación. Este/s traballo/s partirán de casos de estudo propostos polo docente ao redor dos contidos teóricos da materia e suporán o 50% da nota final. Ademais da bibliografía básica da materia e dos apuntes de clase poderase facilitar unha bibliografía complementaria para a súa realización. Será imprescindible obter unha nota de 5 sobre 10 neste/s traballo/s de investigación para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000