Guia docente 2020_21
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Lingua: Linguaxe publicitaria en galego
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes
No caso de docencia en modalidade non presencial, a actividade docente impartirase mediante Campus Remoto e o uso da plataforma de teledocencia Faitic.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
No caso de que non haxa docencia presencial, as sesións de titorización realizaranse por medios telemáticos (titorías virtuais correo electrónico, foros de Faitic...) con concertación previa dependendo da modalidade.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Caso de que non haxa docencia presencial ou haxa que simplificar a avaliación sen exame final ou observación, o traballo de curso (coa presentación) equivalería ó 50% da nota e as actividades prácticas (exercicios) que se suban ó Faitic equivalerían ó outro 50%.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000