Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Novas tecnoloxías aplicadas á xestión pública e á Administración Pública
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas O alumno fará un ou varios exercicios, problemas ou traballos que entregará da maneira que se indique na aula (física ou virtual dependendo das circunstancias do curso) 10
Prácticas con apoio das TIC Serán entregadas en tempo e forma no formato acordado. 20
Presentación O alumno realizará na aula (física ou virtual) unha presentación do traballo do grupo. Antes de presentar o seu traballo, o alumno entregará o ou os documentos acordados en formato electrónico. 15
Traballo tutelado Os alumnos farán unha serie de traballos tutelados que lles permitirán coñecer, coa axuda do profesor, a mellor forma de intercambiar información ou recursos TIC para un bó traballo na administración pública. 5
Exame de preguntas obxectivas O alumno fará algunha proba de tipo test que permitirá coñecer o alcance dos coñecementos adquiridos nos distintos temas. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos de Inglés seguirán todo o mesmo que os alumnos de Galego/Español.
Para aqueles alumnos que sigan a materia na modalidade semipresencial, as catro primeiras metodoloxías pódense
realizar perfectamente en modo semipresencial, para a quinta metodoloxía, será preciso que se presente na Facultade (física ou virtual) para realizar a
proba, coincidindo con algunha das sesións de semipresencialidade que debe cubrir.
Avaliación de Xullo
Na segunda convocatoria, e independentemente da modalidade na que se matriculou, o alumno presentarase
a un exame que avaliará o 100% da materia. Así mesmo se non presenta o traballo en grupo, deberá presentarse ao exame do 100%.

"GRUPO EN INGLES: O tamaño máximo do grupo de inglés será de 20 alumos ou o 50% dos alumnos matriculados, o primeiro límite que se atope. De ser necesaria unha selección o profesor establecerá os criterios de selección basados no coñecemento acreditado da lingua (Inglés) e orde de solicitud."

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000