A nota acadada en avaliación continua terá un peso do 40% na cualificación global, correspondéndose a nota alcanzada no
exame final co 60% da cualificación global. Para poder presentarse ao exame final e que se respecte a nota da avaliación
continua será imprescindible que o estudante alcance un aprobado nas probas das que conste a avaliación continua. Se non
se cumprise ese requisito, o estudante deberá facer a proba final na modalidade que se indica ao final deste apartado. Para
que a nota da avaliación continua sómese á nota do exame final será preciso que o alumno alcance un aprobado neste
último.
ACLARACIÓN COMÚN Á PRESENCIALIDADE E Á SEMIPRESENCIALIDADE
Os estudantes que non superen a avaliación continua ben na modalidade presencial ou na semipresencial, poderán
realizar o exame final pero deberán superar unha parte específica na que se avaliarán as competencias traballadas na
avaliación continua que non teñen superada.
NORMAS BÁSICAS DE SEMIPRESENCIALIDADE. METODOLOXÍA E AVALIACIÓN DA MODALIDADE SEMIPRESENCIAL.
1. O alumnado matriculado na modalidade semipresencial comprométese co equipo docente a seguir un réxime de
avaliación continua semipresencial que implica a participación presencial ou virtual nas actividades que o profesorado
deseñe para dita modalidade.
2. A modalidade semipresencial supón a avaliación continua da aprendizaxe do alumnado.
Realizaranse distintas probas entregables en liña a través da plataforma FAITIC. Todas terán o mesmo valor e no seu conxunto
representan o 40% da nota final.
3. O alumnado que non participe en máis do 80% das actividades “de avaliación continua semipresencial propostas polo
profesorado, será avaliado segundo os criterios que estableza o equipo docente en cada materia.
4. Os estudantes de semipresencialidade terán que facer unha proba final escrita que representa o 60% da nota final. Dita
proba final será presencial, e coincidirá coa data e hora fixada no calendario do Centro para o exame oficial previsto para os
estudantes de presencialidad.
Estas pautas están en consonancia co disponto no artigo 6 do Regulamento da Modaliudade semipresencial. A seguinte táboa reflicte sumariamente o indicado nos parágrafos anteriores: