Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Goberno e administración electrónica
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen. Todas agás a clase maxistral que pasaría a ser impartida a través de Campus Remoto.

* Metodoloxías docentes que se modifican. A clase maxistral pasaría a ser impartida a través de Campus Remoto.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías). A través do Campus Virtual.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir. Ningunha

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe. Os recursos de aprendizaxe están subidos ao espazo virtual da materia en Faitic.

* Outras modificacións. Ningunha

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN === Non se realizan modificacións de contido. As probas realizaríanse a través de Faitic.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000