Código |
Descrición |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B5 |
Ser capaz de interpretar datos derivados das observacións en relación coa súa significación e relacionalos coas teorías apropiadas no ámbito da dirección e xestión pública |
B6 |
Capacidade de perseveranza na realización de tarefas e labores e confianza no propio traballo |
B8 |
Receptividade ante o cambio (interno e externo) e capacidade de adaptación a novas contornas ou circunstancias (adaptabilidade) e de aprendizaxe |
B12 |
Compromiso coa responsabilidade e a honestidade no desempeño laboral público e privado |
C43 |
Comprender a influencia do sistema político nos sistemas administrativos de estados OCDE |
D1 |
Capacidade de análise e síntese para a elaboración e defensa de argumentos |
D2 |
Capacidade de organización, planificación e utilización do tempo e de autocontrol ante situacións de presión |
D3 |
Uso de linguas estranxeiras nas actividades das diferentes materias |
D8 |
Capacidade para o traballo cooperativo en equipo/grupo e aberto a diferentes puntos de vista e opinións |