A avaliación desta asignatura configúrase coma unha avaliación contínua. Os alumnos terán que ir entregando os distintos traballos que se lle vaian asignando en clase ou a través de faitic. A nota será a media das puntuacións obtidas nos exercicios de avaliación continua. Superarán a asignatura, todos aqueles alumnos que obteñan un 5.
Aqueles alumnos que non superen a avaliación continua, terán que realizar un examen tipo test nos termos que se indican a continuación.
ACLARACIÓN COMÚN Á PRESENCIALIDADE E Á SEMIPRESENCIALIDADE
Os estudantes que non superen a avaliación continua ben na modalidade presencial ou na semipresencial, poderán
realizar o exame final pero deberán superar unha parte específica na que se avaliarán as competencias traballadas na
avaliación continua que non teñen superada.
NORMAS BÁSICAS DE SEMIPRESENCIALIDADE. METODOLOXÍA E AVALIACIÓN DA MODALIDADE SEMIPRESENCIAL.
1. O alumnado matriculado na modalidade semipresencial comprométese co equipo docente a seguir un réxime de
avaliación continua semipresencial que implica a participación presencial ou virtual nas actividades que o profesorado
deseñe para dita modalidade.
2. A modalidade semipresencial supón a avaliación continua da aprendizaxe do alumnado.
Realizaranse distintas probas entregables en liña a través da plataforma FAITIC. Todas terán o mesmo valor e no seu conxunto
representan o 40% da nota final.
3. O alumnado que non participe en máis do 80% das actividades “de avaliación continua semipresencial propostas polo
profesorado, será avaliado segundo os criterios que estableza o equipo docente en cada materia.
4. Os estudantes de semipresencialidade terán que facer unha proba final escrita que representa o 60% da nota final. Dita
proba final será presencial, e coincidirá coa data e hora fixada no calendario do Centro para o exame oficial previsto para os
estudantes de presencialidad.
Estas pautas están en consonancia co disponto no artigo 6 do Regulamento da Modaliudade semipresencial. A seguinte táboa reflicte sumariamente o indicado nos parágrafos anteriores: