Ao longo dos diferentes apartados que integran a materia de Gobernos Locais, vanse a situar o marco institucional, político e administrativo destas organizacións, así como o papel que os políticos, empregados e cidadáns xogan no seu correcto funcionamento, tanto desde o punto de vista da calidade democrática como da xestión pública. Ambos integran o paradigma da gobernanza local, a través do cal van ser analizadas estruturas, procesos e resultados do goberno local en España e Galicia.