Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Xestión de recursos humanos II: Organización e xestión do emprego público
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Avaliarase a participación e a realización das distintas actividades programadas de forma individual e/ou en grupo. Ditas actividades serán entregadas a través da plataforma Faitic, non admitíndose a entrega por ningún outro medio 50 A2
A5
B2
B5
B9
B10
C18
D2
D6
D8
Resolución de problemas e/ou exercicios Trátase dunha proba a final de curso orientada á aplicación dos conceptos desenvolvidos na materia. Realizarase de forma presencial e de non ser posible a través do campus remoto e/ou plataforma Faitic 50 A5
C18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

SERVIZO DE APRENDIZAXE

Esta materia está incluída no plan de promoción da aprendizaxe- servizo na Universidade de Vigo promovido pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación.

A actividade de aprendizaxe de servizo (ApS) é voluntaria, permitindo só  que 5 estudantes poidan facelo. No caso de que houbesemáis solicitudes que prazas, elixirase por expediente. A forma de adherirse e os prazos  serán indicados en tempo suficiente polos profesores.

A ApS implica o desenvolvemento dunha serie de actividades polo grupo, guiadas en todo momento polos profesores. Os e as estudantes poderán obter ata un máximo de 1,5 puntos e estarán exentos de realizar parte das actividades de avaliación continua (estudos de caso). A adhesión a este plan implica renunciar á cualificación destas actividades exentas.


NOTA FINAL.

É requisito indispensable para sumar a parte práctica (estudo de casos) polo menos sacar un 4 sobre 10 puntos no exame final.


AVALIACIÓN SEGUNDO O REGLAMENTO DE MODALIDADE SEMIPRESENCIAL

 "Art.6.-Avaliación. Na guía docente da materia, deberá estar claramente especificado o tipo de avaliación e a súa
puntuación. No cronograma da materia deberán estar sinaladas as datas nas que deben estar realizadas e entregadas as
probas e/ou a data da proba final no caso de establecerse. O profesorado procurará, na medida do posible, que a avaliación
da materia se realice na súa totalidade de maneira continua e virtual, sen proba final presencial. En todo caso, é obrigatorio
que a avaliación continua online supoña polo menos o 40% da nota, e a proba final (que poderá esixirse na súa modalidade
presencial) supoña como máximo o 60% da nota total da materia. No caso de que estea prevista a realización dunha proba
final de maneira presencial, esta coincidirá coa data e hora fixada no calendario do Centro (a mesma data que para o
alumnado da modalidade presencial)"

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO 

Para superar esta materia na convocatoria extraordinaria de xullo, os e as estudantes deberán realizar un exame final. O
valor do exame será de 10 puntos, aínda que se poderá ter en conta o traballo realizado polo alumnado na avaliación
continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000