Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Xestión de recursos humanos II: Organización e xestión do emprego público
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Lección maxistral Na sesión maxistral, levarase a cabo por parte do profesorado a exposición dos contidos da materia de xestión de recursos humanos que foron incluídos no temario desta materia. Realizarase de forma presencial, a través do campus remoto e/ou plataforma de teledocencia
Estudo de casos O estudante desenvolverá exercicios ou estudos de casos baixo as directrices e supervisión do profesorado. Tamén inclúe aquelas actividades que o alumnado deberá levar a cabo de forma autónoma e ser entregadas a través da plataforma de teledocencia para a súa avaliación
Debate Trátase dunha charla aberta entre un grupo de estudantes, que se centrará en temas dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun problema desenvolvido previamente. Poderase realizar de forma presencial, a través do campus remoto e/ou a través dos foros da plataforma de teledocencia
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000