Guia docente 2020_21
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Comunicación: Tecnoloxía dos medios audiovisuais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
- Docencia Mixta.
Clases teóricas. No caso de que a docencia teña que ser mixta, presencial e online, se adaptarán ás posibilidades docentes propostas pola facultade en canto a grupos presenciais e seguimento das clases de maneira síncrona no seu horario programado para a materia. A participación nestas sesións será de tipo obrigatorio. Nelas se analizarán os traballos desenvolvidos, se resolverá, as dúbidas sobre o temario (bibliografía, pdf, tutoriais, vídeos explicativos...) que se van engadindo cada semana a Faitic.
Clases prácticas. Dependendo das circunstancias do momento o alumnado desenvolverá as prácticas establecidas na programación docente mediante traballo individual nalgúns casos e mediante traballo en equipos de 3 alumnos nas prácticas que requiran traballo en equipo.

- Docencia online.
Clases teóricas. A parte teórica da materia será impartida a través da Aula Virtual asignada á materia no horario programado. Estas sesións serán de carácter obrigatorio. O alumnado terá á súa disposición o material didáctico en Faitic, mediante manuais en pdf, videotutorias, vídeos explicativos, reviews de materiais, e links a determinadas bibliografías e informacións de interese. Nestas sesións se analizarán os traballos desenvolvidos, se resolverán as dúbidas sobre o temario que se vai engadindo cada semana a Faitic e se animará ao alumnado a manter unha constancia na aprendizaxe. De xeito asíncrono se manterá o contacto a través do correo e do grupo de whatsapp da materia.
Clases prácticas. As prácticas programadas serán cambiadas por outras similares de tipo individual consistentes na elaboración de 4 pezas audiovisuais realizadas de xeito individual e de maneira asíncrona. A elaboración destes traballos permitirá por en práctica os conceptos teóricos que se van estudando. O alumnado deberá realizar estas prácticas de carácter obrigatorio con equipos individuais propios, como poden ser a súa cámara de fotos ou teléfono móbil con cámara e o ordenador ou tablet dotados con programas de edición gratuitos que serán recomendados polo docente.

- Avaliación. A avaliación contemplada na Guía Docente da materia quedará do mesmo xeito. Haberá un exame teórico final, que en función no modelo de docencia que se aplique pode ser presencial ou ben non presencial a través do Campus Remoto. Tamén se contempla un exame práctico final de carácter individual e autónomo de cada alumno, podendo ser realizado en calquera lugar no que se atope. a valoración das prácticas desenvolvidas e da actitude e implicación do alumnado no desenvolvemento da materia manterán a porcentaxe especificada na Guía Docente.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000