Guia docente 2020_21
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Comunicación: Documentación audiovisual
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
No caso de ser preciso, a metodoloxía docente adaptarase ao sistema de docencia telemática que se recomende dende a
Universidade. Deste xeito, garántese a achega dos contidos teóricos e prácticos que se establecen nesta guía.
Con respecto ao mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías), estas levaranse a cabo a través de medios
electrónicos, fundamentalmente por medio de correo electrónico e/ou outras ferramentas autorizadas pola institución.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas prácticas: manteñen un peso dun 40% da nota final (entrega telemática)
* Proba de contido teórico: mantén un peso dun 60% da nota final.
No caso de que non poida levarse a cabo un exame de tipo presencial, este será modificado por unha proba de tipo teórico e
entrega telemática.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000