Guia docente 2020_21
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Teoría e técnica da fotografía
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Debido á incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, as metodoloxías docentes poderán sufrir variacións.

METODOLOXÍA
En caso de confinamento, o que obrigaría a unha docencia online, as clases maxistrais desenvolveríanse a través do campus remoto, mantendo sesións semanais coa totalidade do alumnado que se verían reforzados con material docente adicional que se subiría á plataforma Faitic.

Ademáis, o docente mantén unha canle na plataforma Youtube onde están subidos uns 15 tutoriais que poderían verse incrementados en función da duración do confinamento.

A maiores, debido ao anterior confinamento, o docente puxo en marcha o blog fotográfico cadadiaunclick.blogspot.com orientado a que o alumnado tivera contidos adicionais máis aló dos recollidos nesta guía docente e que se actualizou diariamente no primeiro mes do confinamento. En caso de necesidade, activaríase tamén este recurso e actualizaríamos según as necesidades.

AVALIACIÓN
En caso de confinamento, a avaliación non sufrirá cambios xa que a entrega de traballos evaluables farase en calquera caso a través da plataforma Faitic. Únicamente habería que adaptar os traballos á situación de cuarentena que impediría facelos fora dos domicilios do alumnado.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000