Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Comunicación: Comunicación escrita
   Plan de Continxencias
 
Descrición
No caso de ser preciso, a metodoloxía docente adaptarase ao sistema de docencia telemática que se recomende dende a Universidade. Deste xeito, garántese a achega dos contidos teóricos e prácticos que se establecen nesta guía.
Con respecto ao mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías), estas levaranse a cabo a través de medios electrónicos, fundamentalmente por medio de correo electrónico e/ou outras ferramentas autorizadas pola institución.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas prácticas: manteñen un peso dun 40% da nota final (entrega telemática)
* Proba de contido teórico: mantén un peso dun 60% da nota final.
No caso de que non poida levarse a cabo un exame de tipo presencial, este será modificado por unha proba de tipo teórico e entrega telemática.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000