Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da comunicación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Realización de exercicios de avaliación continua sobre as lecturas ou materiais audiovisuais introducidos nas clases de teoría e prácticas. 30 A3
B2
B4
B5
C2
C15
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Nas convocatorias oficiais de exame realizarase un exercicio de redacción no que haberá que responder a unha serie de cuestións relacionadas cun texto ou material sobre a análese social da comunicación. 60 A3
B2
B4
B5
C2
C15
D3
Traballo Elaboración dun traballo de grupo que describa, analice, e reflexione, sobre temas sociais que atinxen á mocidade, acoutados previamente nas clases de prácticas. 10 A3
B2
B4
B5
C2
C15
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
É preciso acadar un mínimo dun 4 na proba das convocatorias oficiais da materia para poder facer a suma do resto das cualificacións obtidas.
No caso de non facer seguemento da avaliación contínua e realizar o exame da convocatoria oficial, a cualificación máxima que se poderá acadar na materia é a de aprobado (entre 5 e 6,9 sobre 10).
En consideración do alumnado coa materia pendente pero que ten un coñecemento previo dos contidos, contemplase a posibilidade da realización dun cartafol de recensións cuxa calidade pode supor ate 5 puntos. Desta maneira a cualificacióndo exame da convocatoria oficial ao que é preceptivo presentarse, sería ponderada por 0,5 e sumaríaselle a nota acada no cartafol. O alumnado interesado en acollerse a esta modalidade de avaliación terá que comunicarllo persoalmente ao docente quen indicará os textos sobre os que realizar o cartafol.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000