Guia docente 2020_21
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da comunicación
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes
As metodoloxías docentes poderán verse afectadas polo medio de comunicación (docencia presencial ou telemática), ou a temporalidade (síncrona ou asíncrona), pero manteñen os procedementos das leccións maxistrais e prácticas.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Emprego dos recursos habilitados pola Universidade de Vigo: plataforma de teledocencia da materia, aulas virtuais, e a sala docente virtual.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se contemplan modificacións.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non se contempla.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

* Probas
Con independencia da incerteza que provoque a evolución pandémica, mantéñense os procedementos, criterios, e ponderación da avaliación; as probas poderán verse afectados polo medio de comunicación (docencia presencial ou telemática), ou a temporalidade (síncrona ou asíncrona), pero conservaranse os métodos de avaliación:

. exame na convocatoria oficial consistentes na realización dun exercicio de redacción no que haberá que responder a unha serie de cuestións relacionadas co análise dun texto ou material sobre o análese social da comunicación, terá un peso do 60 % na cualificación;

. realización de exercicios de avaliación continua sobre as lecturas ou materiais audiovisuais introducidos nas clases de teoría e seminarios, terá un peso do 30 % na cualificación;

. elaboración dun traballo de grupo que describa, analice, e reflexione, sobre temas sociais que atinxen á mocidade, acoutados previamente nas clases de prácticas, terá un peso do 10 % na cualificación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000