Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Guión, produción e realización para programas de entretemento
   Plan de Continxencias
 
Descrición
A programación e os contidos da materia son de carácter eminentemente práctico, polo que a súa adaptación para manter a programación presentada resulta complexa.

Docencia mixta.
No caso de que polas circunstancias a docencia teña que ser de carácter mixto, presencial e online, as clases teóricas serán presenciais co número de alumnado que sexa requerido pola organización académica. Os non asistentes seguirán as clases con carácter obrigatorio de xeito telemático a través da Aula Virtual da materia. As prácticas se desenvolverán en Grupos e cada un se dividirá en Equipos pequenos de 3/4 alumnos ca finalidade de poder desenvolver as gravacións dos contidos necesarios. Para ditas prácticas as gravacións se realizarán nos laboratorios da facultade e en exteriores sempre que as circunstancias o permitan.
A avaliación nesta modalidade será a mesma que a establecida na programación da materia.

Docencia online.
No caso de ter que adaptar a programación a un modo totalmente online as clases teóricas serán obrigatorias a través da Aula Virtual. As prácticas serán adaptadas a unha maior preproducción e planificación do seu desenvolvemento e os contidos a gravar serán adaptados ás circunstancias e ao material e equipamento técnico e ao espacio do que dispoña o alumnado.
A avaliación nesta modalidade será adaptada ás posibilidades do alumnado e as circunstacias do momento, repartindo as porcentaxes do seguinte xeito:
Suprímense as prácticas de laboratorio. O traballo tutelado de preprodución e planificación terá un 30% da valoración. A avaliación dos contidos das sesións teóricas mediante exame tipo test ou de preguntas curtas terá unha valoración do 30%. As denominadas saídas de estudo serán ás gravacións de contidos adaptados ás circunstancias do momento cunha valoración do 20%. O traballo final consistente na elaboración dun programa máster adaptado aos contidos das gravacións terá unha valoración dos 20%.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000