Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Estrutura do sistema audiovisual
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen

* Metodoloxías docentes que se modifican
Se non fose posible a docencia teórica ou práctica presencial (ou semipresencial)
pasaría a desenvolverse por videoconferencia co apoio de Faitic. Pola súa banda, os traballos prácticos serían realizados, nos mesmos horarios previstos, coa orientación por medio do Campus Remoto e as consultas online.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías pasarían a realizarse por medios online (no horario previsto, por medio de videoconferencia) e por medio de correo electrónico.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
En principio non sería necesaria unha bibliografía adicional, xa que a bibliografía básica e a documentación da que os alumnos disporán en Faitic sería suficiente.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

* Probas que se modifican
[exame teórico] => [traballo teórico]
O traballo de investigación, de carácter individual, realizaríase ó longo dos dous últimos meses.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000