Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Expresión sonora e estilos musicais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen:

- Lección maxistral. Consiste no estudo teórico dos conceptos clave, cuxo coñecemento e comprensión fanse imprescindibles para a consecución dos obxectivos marcados nesta materia.
- Traballo tutelado. Os alumnos realizarán varios traballos de audio baixo a supervisión do profesor.

* Metodoloxías docentes que se modifican:

- Prácticas de laboratorio. Os conceptos explicados en cada sesión de laboratorio presencial pasarán a ser online. Tamén se exporán exercicios de audio realizables con ferramentas o máis accesibles posible polo alumnado (nos seus computadores persoais).

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías):

- Manteranse os horarios asignados ás titorías.
- Ademais dos medios achegados a través de faitic para contactar co profesor, en caso necesario, estableceranse outros complementarios (plataformas de mensaxería e/ou videoconferencia)

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

* Probas que se modifican:

Resolución de problemas e exercicios (exame) => Realización dun traballo
Prácticas de laboratorio => Substituirase pola realización de exercicios (individuais ou grupais) ou a participación noutros medios propostos (foros, etc.)

* Información adicional:

A adaptación da avaliación poderá ser total ou parcial en función da continxencia
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000