Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Innovación e desenvolvemento de produtos na industria forestal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Asistencia e participación activa nas sesións maxistrais 10 C31
D4
D6
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. 5 C31
D4
D6
D10
Traballo tutelado O ou a estudante realizará un proxecto de desenvolvemento dun novo produto. A súa entrega farase a través da plataforma de teledocencia, non admitíndose entregas a través de ningunha outra vía 50 D6
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba escrita a final de curso (presencial, campus remoto e/ou plataforma de teledocencia) para a avaliación das competencias adquiridas ao longo do curso 35 C31
D4
D6
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A Materia consta de dous partes:

a) Lección maxistral, prácticas de laboratorio e resolución de problemas e/ou exercicios (5 puntos)

b) Traballo tutelado (5 puntos)

É necesario obter polo menos un 3,5 sobre 10 en cada parte para poder proceder a realizar a suma. En caso contrario, a materia considerarase non superada e cualificarase coa menor das notas obtidas.

DATAS EXAMES E PUBLICACIÓN DE NOTAS:

As datas dos exames, segundo o calendario oficial aprobado polo centro, son as seguintes: 

Primeira convocatoria: 21 de xaneiro de 2021, 16:00 horas.

Segunda convocatoria: 28 de xuño de 2021. 10:00 horas.

A publicación das notas provisionais farase na Secretaría Virtual e na plataforma de  Teledocencia, e se é posible no taboleiro do centro

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000