Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Matemáticas: Estatística
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías docentes con clases síncronas mediante Campus Remoto e apoio da plataforma de teledocencia Faitic.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías poderán realizarse por medios telemáticos:
- Correo electrónico: mcigles@uvigo.es
- Videoconferencia en Despacho virtual do Campus Remoto (pedindo cita previa por correo electrónico):
https://campusremotouvigo.gal/faculty/993
Mª Carmen Iglesias Pérez: Despacho 1291

* Modificacións (si proceden) dos contidos a impartir
Ningunha

* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
Ningunha

* Outras modificacións
Ningunha

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

Mantense a avaliación:

Resolución de problemas de forma autónoma (problemas, cuestionarios e exercicios de computador): 30%
Traballo tutelado: 10%
Exame de preguntas de desenvolvemento: 40%
Práctica de laboratorio (exame ordenador): 20%

En cada un dos exames (escrito e computador) é necesario alcanzar unha nota mínima de 4 sobre 10 para poder facer media.

Na segunda convocatoria haberá dous exames: escrito e de computador, para que cada alumno recupere o que teña pendente. O traballo e resto de actividades non se poderán recuperar en segunda convocatoria.

* Información adicional

Para os exames utilizarase o Campus Remoto e a plataforma Faitic.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000