Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Fundamentos de economía da empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos O estudante desenvolverá exercicios ou estudos de casos na aula baixa as directrices e supervisión do profesor.Tamén inclúe aquelas actividades que o alumno deberá levar a cabo previamente de forma autónoma e a súa resolución será debatida na aula. 30 B12
C4
D2
D5
D6
D10
Exame de preguntas obxectivas Trátase dunha proba a final de curso orientada á aplicación dos conceptos desenvolvidos na materia 40 B12
C4
D2
D6
D8
Resolución de problemas e/ou exercicios Co obxectivo de incentivar o traballo regular e continuo do alumnado no desenvolvemento da materia, valorarase a realización de distintas actividades (exercicios, probas tipo test) A súa realización e entrega será a través da plataforma de Teledocencia (Faitic). Non se admitirá ningunha entrega fóra de prazo nin enviada noutro medio que non sexa a través da plataforma FAITIC 30 B12
C4
D8
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 O sistema de avaliación da materia apóiase en dous elementos:

a) Superación da parte práctica, coa realización das actividades programadas. (6 puntos).

b) Superación da parte teórica, mediante unha proba que se realizará na data sinalada polo centro, de maneira presencial ou no seu caso a través do campus remoto e/ou a plataforma de  teledocencia. (4 puntos)

É requisito indispensable para sumar a parte práctica (estudo de casos e resolución de exercicios) polo menos sacar un 4 sobre 10 puntos no exame teórico.

 

CONVOCATORIA DE JULIO / EXTRAORDINARIA

1. A forma de avaliación na convocatoria de xullo e extraordinaria é a mesma que en xaneiro.

a) Non existe posibilidade de mellorar a nota da parte práctica para a convocatoria de xullo, xa que se trata de actividades programadas ao longo do curso.

b) Se a materia non é superada nesta convocatoria, o alumno ou alumna deberá cursala novamente adaptándose á guía docente que estea vixente no curso académico en cuestión e, por tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.

DATAS EXAMES E PUBLICACIÓN DE NOTAS:

As datas dos exames, segundo o calendario oficial aprobado polo centro, son as seguintes: 

Primeira convocatoria: 11 de xaneiro de 2021, 10:00 horas.

Segunda convocatoria: 30 de xuño de 2021. 12:00 horas.

A publicación das notas provisionais farase na Secretaría Virtual e na plataforma de Teledocencia, e se é posible no taboleiro do centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000