O obxectivo principal desta materia é que o alumnado comprenda, cun enfoque práctico e participativo, os compoñentes e funcionamento da empresa. Tamén se pretende interrelacionala con outras materias e proporcionar os coñecementos, actitudes e habilidades necesarias para desenvolver con eficacia e eficiencia, a súa futura actividade profesional no mundo das empresas, e as organizacións en xeral, especialmente na industria forestal.
Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado:
a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés,
b) atender as titorías en inglés,
c) probas e avaliacións en inglés.