Explorar contextos que permitan abordar a interdisciplinariedade entre as áreas de didáctica das ciencias experimentais, didáctica da expresión musical, didáctica do ensino e da aprendizaxe da lingua e da literatura. Prestarase especial atención á inclusión da perspectiva de xénero e á educación para a sustentabilidade, así como á preservación da diversidade lingüística e cultural.