Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde
 Materias
  Análise Multivariante
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías docentes con clases síncronas mediante Campus Remoto e apoio da plataforma de teledocencia Faitic.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías poderán realizarse por medios telemáticos previa cita.
- Despachos virtuais dos profesores en Campus Remoto:
https://campusremotouvigo.gal/faculty/993
Mª Carmen Iglesias Pérez: Despacho 1291
-Pedir cita utilizando o correo mcigles@uvigo.es

* Modificacións (si proceden) dos contidos a impartir
Ningunha

* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
Ningunha

* Outras modificacións
Ningunha

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

Mantense a avaliación:

Resolución de problemas de forma autónoma: 20%
Traballo tutelado: 40%
Examen de preguntas test: 40%

No exame e traballo é necesario alcanzar unha nota mínima de 4 sobre 10.

As actividades realizadas de forma continua e autónoma non son recuperables en segunda convocatoria.

* Información adicional

Para os exames utilizarase preferentemente o Campus remoto e a plataforma Faitic.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000