Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Arte e Debuxo
 Materias
  Complementos para a Ensinanza do Debuxo
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudo previo Tarefas individuais por conta do alumnado, realizadas con antelación a cada sesión de clase, para tomar contacto cos temas e contidos que serán tratados.
Lección maxistral Desenvolvemento dos temas e contidos da materia a través de explicacións apoiadas mediante exemplos e imaxes.
Traballo tutelado Exercicios e prácticas guiadas con recursos educativos, materiais e técnicas propias da ensinanza das Artes, do Debuxo Técnico ou da Educación Plástica.
Debate Posta en común, reflexión e debate sobre os temas e contidos desenvoltos durante as sesións maxistrais.
Prácticas con apoio das TIC Prácticas na creación de recursos educativos a través de aplicacións online, gratuítas ou libres.
Presentación Presentacións, exposicións públicas e prácticas co encerado dixital interactivo.
Cartafol/dossier Recompilación do traballo do/a estudante co obxectivo de amosar o traballo realizado na creación do material didáctico, onde se recollen os progresos e logros. A recompilación debe incluír contidos elixidos polo alumno/a, os criterios de selección e evidencias de autorreflexión.
Eventos científicos Charlas con profesionais da ensinanza, que exercen en distintos niveis educativos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000