Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Arte e Debuxo
 Materias
  Innovación e Investigación na Ensinanza Secundaria: Música e Debuxo
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición dos principios básicos dos proxectos de investigación: métodos, enfoques, ferramentas, secuenciación, procedementos, fontes primarias e secundarias, etc.
Presentación Exposición individualizada por parte do/a alumnao/a ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes do proxecto de investigación inicado como resultado do traballo realizado na materia.
Traballo tutelado O/a estudante, de maneira individual, elabora un documento sobre a temática da materia para preparar o enfoque dun proxecto de investigación educativa en artes.
Estudo de casos Análise de experiencias educativas de interese para o alumando coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coas fases da investigación. O/a alumno/a debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000