Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Arte e Debuxo
 Materias
  Orientación e Función Titorial
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

* Metodoloxías docentes que se manteñen

As actividades e metodoloxías docentes que impliquen presencialidade do alumnado poderán ser realizadas en modalidade telepresencial, a través co campus remoto da Universidade de Vigo.

* Metodoloxías docentes que se modifican

Poderán ser modificadas, de ser necesario, e segundo o número de alumnado, aquelas actividades que impliquen imposibilidade de respecto ás medidas preventivas dos riscos sanitarios


* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

En xeral, favorecerase a realización das titorías “online” o por correo electrónico. De non ser posible, tanto o profesor ou profesora como o estudante, utilizarán máscara e manterán entre eles, se é posible, unha distancia de 1,5 metros.

* Outras modificacións

== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

*Manteranse todas as probas e metodoloxías de traballo descritas na avaliación, sendo posible a súa adaptación para a realización das mesmas a través de medios telemáticos (campus remoto da universidade de Vigo , Faitic...).


* Información adicional

Ante a imprevisibilidade do escenario académico do curso, informarase dos cambios e modificacións puntualmente a través da plataforma Faitic.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000