Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Expresión corporal e danza
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Ante esta situación, a actividade docente se desenvolverá a través do Campus Remoto e a plataforma de teledocencia Faitic.

Non obstante:
* Metodoloxías docentes que se manteñen
-Lección maxistral: Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
-Resolución de problemas de forma autónoma: O estudante traballará de forma autónoma para resolver os distintos problemas que se vaia atopando tanto como parte dun grupo ou de maneira individual.

* Metodoloxías docentes que se modifican
-Traballo tutelado: O estudante desenvolve exercicios ou proxectos baixo as directrices e supervisión do profesor. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do estudante.
-Presentacións: O estudante participará na creación de distintas presentacións e exposicións a través do campus remoto que o profesor propoña.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías realizaranse de xeito telemático: e-mail, campus remoto e faitic.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
A avaliación constaría dos seguintes apartados:

-Realización práctica individual dun exercicio proposto polo docente. 25%
-Dossier organizado con todas as actividades levadas a cabo na materia tanto teóricas como prácticas. 25%
-Realización, calidade, implicación e resolución dos exercicios ou proxectos propostos. 50%
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000