Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Música nas culturas
   Plan de Continxencias
 
Descrición
No caso de non poder realizarse a docencia presencial, as actividades correspondentes a Clases Maxistrais realizaranse mediante videoconferencia.
Os Obradoiros realizaranse de modo autónomo polo alumnado, e farase o seguimento mediante titoría telemática individualizada. As exposicións realizaranse mediante as ferramentas telemáticas, e de non ser posible, a presentación sería avaliada mediante documento PDF remitido ao docente.
As ferramentas e criterios de avaliación, manténse en tanto as ferramentas telemáticas permitan o desenvolvemento suficiente destas actividades.
Utilizaranse as ferramentas dispoñibles tales como Campusremoto e Faitic
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000