Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Agrupacións instrumentais para a escola primaria
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
*As metodoloxías docentes se manterán coa diferencia de que se sustitúe a docencia presencial polos medios telemáticos do campus remoto e da plataforma faitic.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías):
As titorías pasarán a ser por medios telemáticos: campus remoto e e-mails.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
-Presentación:
Dirección, interpretación e montaxe global dunha obra elixida para conxunto instrumental Orff. 30%
-Traballo tutelado:
Realización e dirección de arranxos sobre cancións infantis e obras instrumentais.50%
-Demostrar nun exercicio semi-presencial saber crear un arranxo infantil sobre unha peza dada. 20%

*No caso de confinamento a facultade debe facilitarlle ao alumnado, poder disponer do material necesario que se atopa na aula de música, aula 3.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000