Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Recursos para o ensino das matemáticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Portafolio das prácticas realizadas 40
Prácticas de campo
Portafolio das prácticas realizadas
40
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • Todo o alumnado, asista ou non ás aulas, ten
    dereito a ser avaliado (mediante un exame ou no modo en que se estableza na guía docente).
  • En caso de non ter superada a
    materia na primeira edición de actas, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xuño-xullo.
  • A participación nas prácticas de camp é voluntaria. Os alumnos que non participen en dita metodoloxía seguirán o sistema de avaliación para non asistentes descrito a continuación.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES  E FIN DE CARREIRA

Exame de preguntas obxectivas

Descripción: probas para a avalaición das competencias adquiridas que inclúen
preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben
responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que
teñen sobre a materia.

Cualificación: 60%. 

Competencias avaliadas: CE38, CE39, CE42

Traballo tutelado:

Descripción: deseño de secuencias didácticas con materiais tendo en conta as
competencias do curriculum de matemáticas na Educación
Primaria

Cualificación: 40%

Competencias avaliadas: todas as da materia


As datas oficiais dos exames poden ser consultadas na páxina web da facultade (http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000