Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Literatura infantil e xuvenil
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Sesións nas que se fomentará o debate e reflexión ao redor dos contidos tratados, poñendo en valor as aprendizaxes previas e os coñecementos do alumnado, ao que se lle responderá a calquera dúbida ou cuestión de interese para a temática abordada. En caso de que as aulas se teñan que desenvolver baixo a modalidade mixta ou non presencial recorrerase ás videoconferencias e aos foros de FAITIC.
Presentación Os traballos que se realicen e/ou expoñan serán resultado da colaboración alumnado/profesora para provocar a retroalimentación constante no proceso de ensino-aprendizaxe e lograr os obxectivos propostos. En caso de que as aulas se teñan que desenvolver baixo a modalidade mixta ou non presencial recorrerase ao correo electrónico, ás videoconferencias e aos foros de FAITIC para manter un contacto fluído e directo. Nestes dous últimos casos, sempre será baixo previa cita.
Traballo tutelado A profesora estará á disposición de calquera consulta ou dúbida que se teña a ben realizar nas aulas presenciais ou remotas, así como no horario de titoría a través das videoconferencias, foros de FAITIC e correo electrónico, sempre baixo previa cita.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000