Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica da lingua e literatura: Galego
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Traballo tutelado Desenvolveranse coa supervisión da docente, que aclarará dúbidas e consultas pertinentes ao proceso de elaboración dos traballos indicados. En caso de que as aulas se teñan que desenvolver baixo a modalidade mixta ou non presencial recorrerase ao correo electrónico, ás videoconferencias e aos foros de FAITIC para calquera consulta. Nestes dous últimos casos, sempre será baixo cita previa.
Lección maxistral Durante estas sesións o alumnado poderá expresar as súas dúbidas e consultas, propiciando o debate e a reflexión acorde á temática tratada. En caso de que as aulas se teñan que desenvolver na modalidade mixta ou non presencial recorrerase ás videoconferencias e aos foros de FAITIC.
Presentación Para a elaboración das presentacións/exposicións o alumnado terá que acudir ás titorías para supervisar o traballo antes da súa exposición. En caso de que as aulas se teñan que desenvolver baixo a modalidade mixta ou non presencial recorrerase ao correo electrónico, ás videoconferencias e aos foros de FAITIC para manter un contacto fluído e directo. Nestes dous últimos casos, sempre será baixo previa cita.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000