Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Expresión e linguaxe musical
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Circunstancias excepcionais

En caso de circunstancias excepcionais que impidan a asistencia presencial ás clases, terase en conta a modalidade activada (presencial, mixta ou non presencial) e faranse as seguintes adaptacións:

Para a Docencia mixta: o profesor/a estará na aula de clase, xunto co grupo de alumnos/as, segundo o aforamento permitido. O resto do alumnado seguirá a clase polo campus remoto e/ou Faitic. Estableceranse grupos de alumnado para a asistencia ás clases. No caso das clases prácticas, a previsión é que todo o alumnado poida asistir ás sesións. No caso de non ser posible manter a distancia de seguridade, débense establecer as medidas de protección persoal necesarias. A Resolución Reitoral do 17 de xuño indica que o curso 2020-21 comezará na modalidade mixta, o que se ha de ter en conta especialmente para as materias do primeiro cuadrimestre.

Para a Docencia non presencial: nin o profesor/a nin o alumando asistirán ás aulas. As clases levarán a cabo polo campus remoto e/ou Faitic. Chegado o caso, activaríase esta modalidade mediante Resolución Reitoral.

Adaptacións Metodológicas: Fomentarase o uso de material audiovisual alternativo (programas informáticos musicais, gravacións, audio-vídeos, páxinas web, blogs, etc.) e fomentaranse actividades en liña participativas e interactivas promovendo o traballo grupal e individual sobre distintos temas da materia, mediante a realización de foros, debates, etc.
Empregaremos a plataforma FAITIC, para os fins descritos no apartado anterior, en caso de non poder impartir as clases de forma presencial.

Clases prácticas: No caso de que se active a modalidade non presencial, mediante Resolución Reitoral, as clases prácticas desenvolveranse on-line. O profesor/a establecerá o contido e as prácticas a realizar, de acordo coa guía docente, para despois realizar a súa revisión on-line, mediante a utilización do campus remoto e FAITIC, de forma grupal e/ou individual.

Atención ao alumnado: Habilitaranse os despachos virtuais, e o correo electrónico para contactar cos profesores. Utilizaranse ademais todos os medios dispoñibles (foros en Faitic, aulas virtuais, etc.) para atender a todo o alumnado.

Avaliación: No caso de non poder realizar a avaliación ordinaria prevista na guía docente presencial, avaliarase da seguinte maneira:
Traballo tutelado
Actividades de carácter práctico a desenvolver na aula. Entre outras, pódense incluír actividades como: execución individual ou en grupo de pequenas pezas (rítmicas, vocais e/ou instrumentais), prácticas na aula de informática, ditados rítmicos e melódicos, resolución e execución de tarefas propostas.... 30 %
Prácticas de laboratorio
Deseño e implementación, individual ou en grupo, de actividades prácticas para educación primaria, exercicios con programas informáticos musicais...30 %
Resolución de problemas e/ou exercicios
Preguntas de resposta curta ou tipo test, onde o alumnado deberá demostrar que adquiriu unha serie de contidos básicos sobre a linguaxe musical. 40 %
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000