Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica das artes plásticas e visuais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Para o curso 2020-2021, non hai modificacións significativas nas metodoloxías nos tres escenarios docentes previstos. A única adaptación a comentar é a relativa ao seu modo de execución. No posible escenario de ensinanza mixta ou semipresencial, as metodoloxías se levarían a cabo de modo presencial e virtual. Por outra banda, que no escenario de ensinanza a distancia, as metodoloxías previstas se adaptarían a una modalidade de execución virtual.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifica a dinámica propia de ninguna metodoloxía docente, excepto, como se di no apartado anterior, a súa modalidade de execución, presencial e virtual (no caso dun escenario mixto); e exclusivamente virtual (no caso dun escenario a distancia).

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
No potencial escenario de docencia semipresencial, as sesións de titorización poderán realizarse presencialmente nas aulas e no despacho de cada unha das docentes na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Begoña Paz no despacho de plástica e Rut Martínez no despacho 206) ou por medios telemáticos (Begoña Paz despacho virtual 1878 e correo electrónico marpaz@uvigo.es e Rut Martínez despacho virtual 1567 e correo electrónico rut@uvigo.es) baixo a modalidade de concertación previa e no horario que se estableza.
No caso dun escenario docente de modalidade non presencial, a titorización realizarase únicamente polos medios telemáticos mencionados.


* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non hai modificacións nos contidos a impartir.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
A bibliografía adicional será proporcionada ao longo do desenvolvemento da materia, para cada tema.

* Outras modificacións
Ferramentas para a docencia virtual. No escenario de docencia semipresencial, ademáis da docencia presencial nas aulas, a actividade docente virtual impartirase mediante Campus Remoto e preverase asemade o uso da plataforma de teledocencia FAITIC como reforzo, e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.
No escenario de docencia a distancia, a actividade docente realizarase exclusivamente de modo virtual.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

Todas as probas propostas na guía docente mantéñense en calquera das tres modalidades de ensinanza previstas: presencial, mixta e a distancia, para o curso 2020-21 e en todas as súas convocatorias.
Os criterios de avaliación, así como a súa ponderación sobre a nota final, mantense, tanto para o alumnado asistente, coma para o non asistente.
Os procedementos ou tipoloxía de probas de avaliación, tampouco se modifican no seu contido, pero sí no seu modo de execución, no caso dos dous potenciais escenarios docentes extraordinarios previstos.
Así, no caso de estar nunha situación de ensinanza mixta ou semipresencial, as probas de avaliación poderán ser organizadas de modo presencial, dependendo das instalacións e medios dispoñibles. Se non fose posible facelas presencialmente, combinaríase a modalidade presencial coa virtual, ou realizaríanse exclusivamente de forma virtual.
Se a situación é de ensinanza a distancia, todas as probas de avaliación realizaranse de modo virtual.

* Probas xa realizadas
Proba XX: [Peso anterior 00%] [Peso Proposto 00%]
Manterase o peso das probas realizadas.

* Probas pendentes que se manteñen
Proba XX: [Peso anterior 00%] [Peso Proposto 00%]
Manterase tanto a tipoloxías das probas planificadas como a súa ponderación.

* Probas que se modifican
[Proba anterior] => [Proba nova]
Non se modifica ningunha proba de avaliación.

* Novas probas
Non se prevén novas probas de avaliación.

* Información adicional

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000