As datas e os prazos das avaliacións estarán expostas desde o inicio do curso na plataforma de aprendizaxe e na web da facultade. Avaliación en primeira convocatoriaAvaliación presencialO alumnado deberá realizar e expor todos os proxectos propostos polo profesor. A nota final calcularase a partir da media das notas obtidas en cada proxecto. Avaliación non presencialO alumnado que non puider ou non desexar vir á clase deberá solicitar ao profesor facer a avaliación non presencial ao longo do primeiro mes de aulas. A avaliación non presencial consistirá na realización dun exame escrito sobre o 100% dos contidos traballados nos proxectos de aula. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 e contará con diferentes tarefas onde se avaliarán a comprensión oral e escrita do alumnado en francés, así como a súa expresión oral e escrita. O tipo de exame e os instrumentosde avaliación que usará o profesor estarán dispoñíbeis na plataforma de aprendizaxe. Alumnado con necesidades educativas especiais (NEE)O alumnado que presentar necesidades educativas especiais por dificultades específicas de aprendizaxe poderá se obxecto dunha adaptación do sistema de avaliación. Esta adaptación, deseñada entre o profesor e o alumnado implicado, procurará garantir o recurso a todos os medios necesarios para que o alumnado con NEE poida demostrar a consecución dos obxectivos da materia. Desafíos voluntarios en primeira convocatoriaO profesor poderá propor desafíos voluntarios e outorgar ao alumnado distincións cun determinado valor sobre a nota final. As instrucións dos desafíos, o seu valor na cualificación final e os criterios da súa concesión estarán detallados na plataforma de aprendizaxe. Avaliación en segunda convocatoriaO alumnado que non concorrer a ningunha avaliación (presencial ou non presencial) en primeira convocatoria será avaliado como non presentado. Para quen non superar a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas en segunda convocatoria. En segunda convocatoria non se terá en conta o traballo realizado na primeira convocatoria. O alumnado que concorrer á segunda convocatoria deberá realizar un exame escrito sobre o 100% dos contidos traballados nos proxectos de aulada materia. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha grade de avaliación estabelecida polo profesor. O exame contará con diferentes tarefas onde se avaliarán a comprensión oral e escrita do alumnado en francés, así como a súa expresión oral e escritacunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deberá resolver. O tipo de exame e os instrumentosa grade de avaliación que usará o profesor estarán dispoñíbeis na plataforma de aprendizaxe. Linguas de traballoAs linguas de traballo da materia serán o francés, o galego, o castelán e excepcionalmente o inglés. O profesor comunicarase co alumnado en todo momento, tanto por oral como por escrito, preferentemente en lingua francesa. Sempre que o profesor non dea outras indicacións, alumnado poderá empregar calquera das linguas de traballo. Porén, o esforzo por usar o francés será tido en conta positivamente na avaliación final. Os enunciados dos exames estarán redactados unicamente en lingua francesa. O alumnado de programas de mobilidade internacional poderán recibir apoio en lingua inglesa mediante pedido.
Fica prohibida a utilización do tradutor automático para a realización das actividades de aprendizaxe nesta materia ou para se comunicar co profesor. O uso repetido da tradución automática nun proxecto ou nun exame poderá supor a invalidación dos mesmos. |