Aprendizaxe baseado en proxectos |
Ao longo do curso, o profesor proporá un mínimo de tres proxectos que se deberán presentar oralmente nas datas indicadas no inicio do curso. Todos os proxectos serán de carácter grupal e as instrucións para a súa realización estarán detalladas na plataforma de aprendizaxe. Nas aulas o profesor guiará o alumnado para a execución destes proxectos mediante a realización de tarefas grupais e colaborativas. |
Resolución de problemas |
Nos grupos B, o alumnado realizará unha serie de tarefas grupais en espazos colaborativos dixitais para traballar diferentes aspectos relacionados cos proxectos en curso. |